- Editorial:
- KALANDRAKA
- Año de edición:
- 2023
- Materia:
- Gallego
- ISBN:
- 978-84-1343-253-3
- Páginas:
- 144
- Encuadernación:
- Cartoné
TEÑO 14 ANOS, E NON É UNHA BOA NOVA
WITEK, JO
Efi regresa á súa casa na aldea tras o curso escolar na cidade. Aos seus
catorce anos, as vacacións e o reencontro coa familia e amigos énchena de
felicidade. Porén, a realidade non tarda moito en golpeala con forza:
alcanzou a idade núbil e os seus pais prometérona en matrimonio. Os soños
de seguir estudando para converterse en enxeñeira e axudar a mellorar as
condicións de vida da súa contorna esnaquízanse. Efi loitará por todos os
medios para evitar ese destino cruel que a familia e a tradición trazaron
para ela.
Unha historia chea de esperanza sobre unha terrible realidade que
sofren cada ano doce millóns de nenas no mundo: o matrimonio infantil.
A voz libre e progresista da protagonista elévase como unha denuncia,
como unha chamada de atención para cambiar as cousas neste magoante
pero esperanzador relato da colección Tiramillas para lectoras e
lectores autónomos a partir de 12 anos.